Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Destinatarios: investigadores e investigadoras da comunidade universitaria e personal de I+D de entidades públicas ou privadas que traballan nas temáticas do congreso.

 

Modalidades de participación

Establécense dúas modalidades de presentación de traballos:

  • Comunicación Oral ou Póster

En ambos os casos enviarase un resumo cunha extensión máxima de 250 palabras segundo a plantilla establecida.

O resumo enviarase ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., facendo uso da plantilla existente. O arquivo deberá denominarse da seguinte maneira:

ABST_número.bloque_apelidos.autor.docx

Por exemplo, se o primeiro autor se apelida López González e o traballo se adscribe ao bloque temático 3, o documento deberá levar o seguinte nome:

ABST_3_LopezGonzalez.docx

Plantilla en español | Plantilla en inglés

 

COMUNICACIÓNS EXTENDIDAS

Unha vez notificada a aceptación dos resumos e a súa modalidade de presentación, ata o 10 de setembro atópase aberta a posibilidade de enviar comunicacións extendidas (3-5 páxinas). Seguidamente, iniciarase un proceso de revisión por pares con obxecto de garantir a calidade, orixinalidade e interese das aportacións.

O envío debe realizarse conforme á seguinte plantilla e normas:

Pola súa banda, o envío realizarase ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

PÓSTERES

Os pósteres han de estar en formato A0 vertical. A estrutura, tamaños de letra e figuras quedan a discreción dos autores.

 

Publicación

Tanto as comunicacións completas como os pósteres en formato dixital aceptados e enviados en prazo serán publicados, se os autores o desexan, no Libro de Actas do congreso, con ISBN.

Para aqueles autores que o desexen existen dúas revistas internacionais no ámbito da Teledetección ás que poderían enviar o seu traballo someténdoo aos requirimentos e proceso de revisión das revistas.

  • Remote Sensing Communications (RSC), ISSN 3101-3694, especialmente axeitada para contribucións breves, incluidos artigos cortos e outras comunicacións como resumos de Teses, TFM, TFG etc. O custo é de 500 € sempre que o pdf do artigo publicado non supere o tamaño de 4 páxinas.
    Envío de traballos | Plantilla
  • Recent Advances in Remote Sensing (RARS), ISSN:3020-6448, está orientada a artigos completos de investigación (en traballos pertencentes ao congreso poderían facer desconto no prezo da publicación escribindo ao enderezo de contacto Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).
    Envío de traballos | Plantilla

Todos os manuscritos están suxeitos a revisión por pares e aceptación editorial.